Petos de ánimas e cruceiros:
* Lugar da encrucillada
No lugar da Encrucillada
atopamos un peto de ánimas que data do ano 1787.Este peto é de tipo pechado,
ten unha cruz que o coroa, nel vese un sol e unha
lúa e está protexido por unha reixa de ferro.
O retablo é de madeira,
presidido por San Antón, ten unha almiña a cada lado
as que lles estende as mans. Debaixo hai outras
tres ánimas (a do medio é un Crego).
Pola parte de arriba pon:
“Por
cuenta de Manuel Arriba 1898”
E
pola parte de abaixo pon:
“Hermanos que bais pasando, acordaos de nosotras que
estamos penando”
*
Lugar dos Píos:
Existe aquí un peto de ánimas
e unha cruz, que están moi preto un do outro.
O peto é de tipo pechado e
está coroado por unha cruz, na parte dianteira ten o
caixón das esmolas.
O epígrafe di:
“Esta obra
mando azer Dom (ing) O F (e) R
(nande) S”
*Lugar
da Carrasqueira:
Neste barrio atopase un
cruceiro de ánimas podemolo ver, no camiño que leva
a capela da Ascensión.
Na
parte dianteira existen duas
ánimas que semellan estar pregando. O capitel é sinxelo con catro cabezas de anxo, unha
por cada lado.
. Na
parte traseira hai unha Virxe que está de pé coas
mans xuntas. E no
retablo hai duas ánimas.
*
Lugar da Moreira
Aquí existe un peto de ánimas de tipo aberto, o
retablo é de pedra de estilo moderno
presidido por San Antón. Debaixo aparecen tres ánimas
entre o lume (o do medio é un Crego).
* Lugar da igrexa:
Tratase dun Peto-Tumba
(existen poucos como este) atopase no vello
cemiterio, o carón da igrexa. É
semellante a unha gran capela, que serve o mesmo
tempo como
monumento funerario.
Alberga un total de seis corpos. O
retablo é de pedra e está presidido pola pomba do
Espiritu Santo, debaixo atopase a imaxe de San Miguel cunha bascula
na man dereita (empregada
para sopesar as boas e as malas accións das
ánimas.)
Na parte inferior do retablo
existen cinco ánimas.
PETO-TUMBA
