Petos de ánimas e cruceiros:
* Lugar da encrucillada:
No lugar da Encrucillada atopamos un peto de ánimas que data do ano
1787.
Este peto é de tipo pechado, ten unha cruz que o coroa, nel vese un
sol e unha lúa e está protexido por unha reixa de ferro.
O retablo é de madeira, presidido por San Antón, ten unha almiña a
cada lado as que lles estende as mans. Debaixo hai outras tres
ánimas (a do medio é un Crego).
Pola parte de arriba pon:
“Por cuenta de Manuel Arriba 1898”
E pola parte de abaixo pon:
“Hermanos que bais pasando, acordaos de nosotras que
estamos penando”
* Lugar dos Píos:
Existe aquí un peto de ánimas e unha cruz, que están moi preto un do
outro.
O peto é de tipo pechado e está coroado por unha cruz, na parte
dianteira ten o caixón das esmolas.
O epígrafe di:
“Esta obra mando azer Dom (ing) O F (e) R (nande) S”
*Lugar da Carrasqueira:
Neste barrio atopase un cruceiro de ánimas podémolo ver, no camiño
que leva a capela da Ascensión.
Na parte dianteira existen dúas ánimas que semellan estar pregando.
O
capitel é sinxelo con catro cabezas de anxo, unha por cada lado.
. Na parte traseira hai unha Virxe que está de pé coas mans xuntas.
E no
retablo hai dúas ánimas.
* Lugar da Moreira:
Aquí existe un peto de ánimas de tipo aberto, o retablo é de pedra
de
estilo moderno presidido por San Antón.
Debaixo aparecen tres ánimas entre o lume (o do medio é un Crego).
* Lugar da igrexa:
Tratase dun Peto-Tumba (existen poucos como este) atopase no vello
cemiterio, o carón da igrexa.
É semellante a unha gran capela, que serve o mesmo tempo como
monumento funerario. Alberga un total de seis corpos.
O retablo é de pedra e está presidido pola pomba do Espírito Santo,
debaixo atopase a imaxe de San Miguel cunha bascula na man dereita
(empregada para sopesar as boas e as malas accións das ánimas.)
Na parte inferior do retablo existen cinco ánimas.
PETO-TUMBA