TABOEXA POR HAITI
TABOEXA POR HAITI
TABOEXA POR HAITI
TABOEXA POR HAITI

TABOEXA POR HAITI

Está situada no monte de San Nomedio, cun cumio que acada os 690m de altura.


O día 7 de Agosto realizase aquí unha romaría, a que ademais dos veciños desta parroquia acoden tamén as xentes das parroquias do arredor.

A xente acude a xeito de procesión levando consigo o Santo/a Patrón/a das súas respectivas parroquias, acompañados polo son dun grupo de gaiteiros.

As diferentes procesións xúntanse na porta da capela para o saúdo dos Santos.

Son moitos os asistentes a esta romaría, que prefiren xantar alí. Algúns levan o xantar das súas casas e outros aproveitan a ocasión, para degusta-lo polbo a feira ou o churrasco que alí se vende.

Pola tarde a xente baila o son dos gaiteiros. Rematada xa a romaría, as xentes voltan cara as súas casas collendo o camiño de San Pedro de Batallans.
Onde chegando o pé dun cruceiro voltarán bailar o son dos gaiteiros.

Existe neste monte unha cadeira de pedra moi antiga e rodeada de
varias lendas:

a) San Nomedio, sentaba nela para falar cos seus irmáns.
b) San Nomedio, tiña seis irmáns, cando un deles caeu o río e afogou os outros subiron cada un o alto dun monte, para tentar o que caira.

Esta lenda é a mais estendida.Os supostos irmáns de San Nomedio
serían:

a) San Fins: sanda os oídos ( hai que levarlle tellas)
b) San Bartolomeu: quita o medo (hai que levarlle coellos e galiñas).
c) San Vicente : sanda os dentes (hai que levarlle sal)
d) San Sebastián : sanda as reumas
e) San Amaro: sanda os brazos (hai que levarlle brazos de cera)
f) A Virxe da Ascensión


             

 

TABOEXA POR HAITI
TABOEXA POR HAITI

Empresas Grupo GET | Oposiciones online | Masters Master GETCursos GET FormaciónFormación Web | Formación en VigoCursos | Web Gratis | Posicionamiento | Inmobiliarias | Editorial onlineNoticias | Empresas Gallegas | Gestoría | Traductor de Gallego | Stock Cursos | Escuela de Salud | Buscar Cursos | Buscar Masters | Autoescuelas | Guarderías | Clases Particulares | Oposiciones | Universitarios | Naturopatía | Pesquisa Curso | Masaje | Buscar Academias | Fútbol  | Vigo | Cursos | Acupuntura | Fitoterapia | Masajistas | Galicia | Naturopata  | Osteopatas  | Reflexología  | Directorio  | Masajes | Terapias Holísticas | Academias